Alerta! Post informativo. Amiguis: queremos compartir con vós algunhas das novidades que trouxo e traerá o novo ano á vosa cantina amiga, para que esteades actualizadas (a sétima sorprenderavos). Pero que ninguén se asuste. Adiantámosvos que estamos polo "gatopardismo", xa sabedes: aquilo de "cambialo todo para que nada cambie".
Desde primeira hora, de luns a sábados, na Parva ofrecémosvos bebidas quentes e frías, torradas, bocadillos, cremas de verduras ou legumes e untables. Todo feito a diario con produtos do mercado e de proximidade, para tomar na nosa terraza ou para levar.
Ademais do café, o cacao ou a infusión, servimos torradas de pan artesán con manteiga, escuma de tomate ou marmeladas caseiras. Tamén temos froita!
Para aguantar a mañá, propoñemos pequenos bocados doces e salgados para acompañar cun zume, unha caña ou o que máis che preste.
Preparamos cremas de verduras ou legumes, untables vexetarianos e bocadillos para comer na nosa terraza interior ou para levar para a casa. Cada día unha variedade distinta!
Para facer un regalo ou coidarse, temos unha ampla variedade de viños, conservas, aceite, cafés ou infusións de calidade producidas na nosa contorna.
Á hora de apostar –figuradamente, que aquí somos moi conscientes do mal que fan ao mundo as casas de apostas e, en xeral, a industria do xogo–, que sexa sempre ao rosso: vermú rosso, palombella rossa, porco rosso, pantera rossa. […]
Seguir lendoPor fin chega o Picadillo! O noso alcalde favorito, ou, polo menos, o noso concurso favorito. Nesta XIX edición participamos cunhas sopas de “forza” do seu receitario e un bocata vegano de fricandó.
Seguir lendo